Hugo Mallo, 2-3 semanas de recuperación por un edema no recto anterior

O capitán celeste Hugo Mallo sofre un edema no recto anterior do muslo dereito cunha mínima lesión fibrilar (grado I), segundo desvela a ecografía realizada na tarde de onte polos servizos médicos do club. O lateral do RC Celta afrontará un periodo de recuperación non menor a dúas-tres semanas.

Pola súa banda, Gabriel Fernández xa se adestra con normalidade co grupo unha vez superada unha gastroenteritis. Okay e Rubén seguen cos seus respectivos procesos de recuperación.