Hugo Mallo e Santi Mina reciben a alta médica

Moi boas noticias na enfermaría celeste. Hugo Mallo e Santi Mina recibiron este venres a alta médica tras completar o adestramento co grupo e ambos estarán dispoñibles para o partido ante a Valencia Cf. Doutra banda, Okay Yokuslu, David Juncà e Juan Hernández continúan cos seus respectivos procesos de recuperación.