Iago Aspas chega aos 100 goles co RC Celta en Primeira División

Iago Aspas segue escribindo con letras de ouro a súa historia no RC Celta. O dianteiro de Moaña anotou ante o Mallorca o seu gol número 100 coa camiseta celeste en Primeira División. O canteirán é o segundo xogador na historia do club que alcanza o centenar de goles na máxima categoría e ten a Hermidita a tan só catro dianas.

Aspas acumula esta tempada 13 goles en LaLiga e encabeza a clasificación do Trofeo Zarra como máximo goleador nacional, galardón que conquistou o últimas tres campañas.