Iago Aspas recolle o seu quinto premio Xogador Estrella Galicia


Iago Aspas recolleu este mércores o premio Xugador Estrella Galicia co que a afección lle recoñece como o mellor futbolista celeste do mes de outubro. O dianteiro celeste xa acumula cinco galardóns mensuais, aos que hai que sumar sendas condecoracións ao final das dúas últimas tempadas.

O canteirán agradeceu os votos da afección e a distinción de Estrella Galicia e recoñeceu que o trofeo é “un aliciente” de cara aos próximos partidos. En outubro, Iago Aspas anotou un hat-trick esencial para que o RC Celta derrotase ao Eibar (4-0) en Abanca Balaídos. O de Moaña acumula oito goles en LaLiga que lle permiten situarse na primera posición do Trofeo Zarra, premio que xa conquistou nas dúas últimas campañas.