Primeiro Equipo

Iago Aspas, recoñecido por segundo mes consecutivo coma xogador Estrella Galicia

RC Celta

aspasestrellanoviembre.JPG

 

Iago Aspas recolleu este luns en “La Central”, establecemento de restauración situado no centro histórico vigués, o seu segundo premio “Xogador Estrela Galicia” da tempada. A través dunha votación realizada nas redes sociais do RC Celta, a afección decantouse unha vez máis polo dianteiro moañés como o futbolista con mellor rendemento do mes, encadeando así dous galardóns consecutivos tras o conseguido no mes de Outubro. Omar Fares Montoya, propietario-xerente de “La Central”, foi o encargado de entregar o trofeo ao xogador galego.

 

Ademais de agradecer o agarimo do celtismo, Aspas quixo dedicar o trofeo aos seus compañeiros de equipo, “grazas ao que todo é máis fácil”. O atacante continúa sumando recoñecementos na recta final dun 2016 que foi excelente no grupal e no persoal. “É un ano inesquecible”, asegurou.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas