Iago Aspas foi incluído no 11 Ideal de LaLiga por terceira vez nesta tempada. O canteirán, nun espectacular estado de forma, volveu marcar na xornada 13 ante a Granada, asinou unha asistencia de gol e ofreceu un dos seus partidos máis completos. Novo recoñecemento ao extraordinario momento que vive o de Moaña.