Iago Aspas sofre un traumatismo no seu xeonllo dereito

Iago Aspas tívose que retirar lesionado do encontro ante a Unión Berlín tras un choque cun xogador rival. O canteirán celeste sofre un forte traumatismo no seu xeonllo dereito, moito máis doloroso do habitual ao estar afectado un nervio da articulación.