losada-1.jpg
A Canteira

Iker Losada, convocado coa Sub-18 para a Slovaquia Cup

RC Celta

Profunda alegría e satisfacción no RC Celta e a Fundación pola convocatoria do canteirán Iker Losada coa Selección Española Sub-18 para disputar a Slovaquia Cup 2019. O prestixioso torneo internacional disputarase do 19 ao 24 de maio no país centroeuropeo.

O combinado nacional está encadrado no o grupo B, onde se medirá a Croacia (20 de maio), Ucraína (21 de maio) e República Checa (23 de maio). As finais disputaranse o 24 de maio.

A súa convocatoria recompensa o esforzo e o traballo que Fundación e club realizan desde hai anos na formación de xogadores na Madroa.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Novas canteira Novas canteira Novas canteira

Noticias recomendadas