Fundación

Ilusión desbordante no arranque dos Campus de Verán Fundación Celta by Cabreiroá

RC Celta

Xa está en marcha a nova edición dos Campus de Verán Fundación Celta by Cabreiroá. As sedes da Madroa, Los Sauces (Pontevedra), Pabellón (Ourense), A Estrada, Mos, Compañía de María (Santiago de Compostela), Ames e Cacheiras deron o pistoletazo de saída este luns a unha das actividades máis características da Fundación Celta.

Centos de nenos e nenas de 4 a 16 anos iniciaron a súa participación nos campus cargados de ilusión, tanto polo comezo do verán como pola oportunidade de adestrar e divertirse da man do RC Celta. Durante as próximas semanas, estes afortunados novos gozarán dunha experiencia única que seguro non esquecerán.

O prazo para inscribirse aínda está aberto nalgunhas sedes, que poden consultarse aquí ou chamando ao 986.213.676 de luns a venres en horario de 09:00 a 15:00.

 

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación Fundación Fundación Novas fundación Novas fundación

Noticias recomendadas