Primeiro Equipo

Incríble derrota en Granada dun Celta que xerou ocasións para golear

RC Celta

granada - celta

Incríble derrota con Toño, porteiro local, como heroe

 

Bo arranque do Celta, cun primeiro remate perigoso, de Iago Aspas, aos dous minutos de xogo. O partido naceu cunha gran intensidade, unha forte presión na medular e un gran ímpeto en ambos os equipos. Non había tempo para pensar, ademais sobre un céspede en moi mal estado.

A primeira chegada local acabou en penalti de Bellvís sobre Torje que transformou Siqueira. Ao Celta agardáballe un duro partido, co marcador en contra desde o inicio, nun campo no que custaba combinar polo estado do terreo de xogo e cunha afección envorcada. A Granada, máis cómodo coa vantaxe, apostaba polo contragolpe, cunha presión feroz no centro do campo e moito espazo prol as bandas.

Por aí chegou o segundo, no segundo remate. Centro de Siqueira e remate a pracer de Torje aos 16 minutos de xogo. A xogada naceu nun saque de banda. 

A resposta celeste foi exemplar. Contra, control de Iago Aspas, caneo que deixa no chan ao seu marcador e golpeo á rede. Natxo Insa rematou pouco despois com perigo e Toño atrapou con seguridade. Os vigueses tiraban de caste para refacerse do forte pau do primeiro cuarto de hora.

O empate puido chegar aos 27 minutos tras unha gran xogada en ataque, pero o dobre remate, con posible penalti sobre Park, acabou en córner de forma incrible. Augusto cabeceou alto no saque de esquina na área pequena. Posición inmellorable, pero rematou co ombreiro. Ocasión clamorosa. Unha tras outra ao bordo da media hora de xogo, cos celestes dándolle un auténtico baño ao cadro local.

A Granada reaccionou no tramo final, pero o perigo levábao o Celta: Aos 40 minutos, gran contra de Natxo Insa, centro de Krohn Dehli e cabezazo de Iago Aspas que despexou Toño, quen en nla saída do córner desviou un gran remate de Oubiña desde a frontal. Dobre ocasión para un Celta que merecía, xa non o empate, senón a vitoria.

Tras a continuación, o Celta apertou desde o primeiro instante e ao minuto de xogo, derriba a Iago Aspas na frontal e falta que lanzou o moañés e Toño acertou a desviar cunha parada inmensa. Ao tres minutos gran xogada de Augusto, centro perfecto e cabezazo de Iago Aspas ás mans de Toño, gran protagonista o partido.

Park rematou con potencia aos 8 minutos e Toño volveu  parecer para desviar o coiro. Os vigueses O coreano cabeceou rozado o pau tras un bo centro do Krohn Dehli. O cadro vigués apabullaba ao Granada, pero seguía por baixo no marcador de maneira inxusta, incrible.

O dominio céltico era abafador, pero infrutuoso. As chegadas eran continuas ante unha Granada cada vez máis atrás e envorcado en saír á contra. Toño fixo unha parade milagrosa tras unha parede xenial entre Toni e Iago, quen non puido superar ao hoxe prodixioso meta local. Unha máis nun parrido que realmente era para gañar goleando.

O cadro de Anquela, defendendo no seu campo, foi arrefriando o partido no tramo final, cos celestes tocando con paciencia, pero con dificultade para crear ocasións claras. O Arabi rematou nunha contra e Javi Varas despexou con solvencia na única chegada local na segunda metade.

Ao Celta escapábaselle un partido que de ningunha maneira merecía perder. Apertou ao final con ganas, con empeño polo menos en busca do empate, dun punto que deixase menos amargor. Park rematou alto tras un centro de Toni aos 40 minutos de xogo, outra ocasión desperdiciada. Toño, cun novo paradón, despexou un remate do coreano desde a frontal.

 

FICHA TÉCNICA

2-Granada C.F.: Toño, Nyom, Siqueira, Íñigo López, Borja Gómez, Mikel Rico, Iriney, Torje (Ortiz, min.60), Brahimi, Orellana (Angulo, min.66)  e El-Arabi (Diakhaté, min.89)

1-R.C.Celta: Varas, Hugo Mallo, Cabral, Túñez, Bellvís (Roberto lago, min.76), Oubiña, Natxo Insa (Álex López, min.60), Augusto (Toni, min.60), Krohn-Dehli, Park e Iago Aspas

Goles: 1-0, min.11: Siqueira, de penalti; 2-0, min.16: Torje; 2-1, min.19: Iago Aspas

Árbitro: Velasco Carballo. Amoestou a Torje, Íñigo López, Iriney, Augusto, Natxo Insa, Túñez

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas