Imágen genérica de cabecera RC Celta

Grupo RC Celta

Información institucional, organizativa e de planificación

Información institucional, organizativa e de planificación.

Facemos publica a nosa política institucional, organizativa e de planificación, así como económica, orzamentaria e estatística e indicadores do índice de transparencia INFUT, co obxectivo de avanzar na nosa idea de transparencia e comunicación coa sociedade en xeral, sendo proactivos facilitando información sobre a nosa razón de ser, os principios éticos e de conduta, os obxectivos que nos propoñemos cumprir, …

Cumprimos co Índice de Transparencia dos Clubs de Futbol (INFUT) que consta dun conxunto de indicadores avaliados a través de “Transparencia Internacional España”. Avalíase a información sobre o Club, as relacións co accionariado, as persoas aboadas e afeccionadas asi coma ó público en xeral, a transparencia económico-financeira e nas contratacións e subministracións e indicadores da Lei de Transparencia.

1. Normativa aplicable

A normativa aplicable á sociedade Real Club Celta de Vigo, S.A.D., é:

  • Real Decreto Lexislativo 1/2010 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Sociedades de Capital, así como posteriores leis que introducen modificacións á mesma.
  • Real Decreto 1251/1999, do 16 de xullo sobre Sociedades Anónimas Deportivas.
  • Real Decreto Lexislativo 1514/07 do 16 de novembro polo que se aproba o Plan Xeral Contable, as modificacións recollidas no RD 1159/2010 do 17 de setembro e RD 602/2016 do 2 de decembro.
  • Orde 27 de xuño de 2000 pola que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás sociedades anónimas deportivas, en todo o que non contraveña ao Real Decreto Lexislativo 1514/07, do 16 de novembro.
  • Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte estatal.
  • Lei 3/2012, do 2 de abril, do Deporte de Galicia.
  • Real Decreto 177/1981, do 16 de xaneiro, sobre clubes e federacións deportivas.
  • Código de Comercio.
  • Demais normativa aplicable a un Club/ SAD profesional (en concreto o Regulamento de Control Económico dos Clubs e Sociedades Anónimas Deportivas afiliadas á LNFP e os acordos de Comisión Paritaria do Consello Superior de Deportes e a liga Nacional de Futbol Profesional na que se aproba o novo modelo de Memoria das Contas Anuais dos Clubs e Sociedades Anónimas Deportivas afiliados á liga Nacional de Futbol Profesional
  • Normativa de Protección de Datos Persoais (LOPD): Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal..
  • Directiva 95/46/CE do parlamento europeo e do consello do 24 de outubro de 1995 relativa á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.
  • Lei 19/2007, do 11 de xullo, contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no Deporte.
  • Lei 19/2014, do 29 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
  • Lei 10/2010 do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo
  • Lei orgánica 1/2015, do 30 de marzo, do Código penal.
  • Regulamento interno do Real Club Celta de Vigo S.A.D.  Estatutos sociais e Regulamento Interno do Real Club Celta de Vigo, S.A.D. Art. 6 do Real Decreto 203/2010, do 26 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de prevención da violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte).
  • Normativas internacionais. ISO 9001, UNE 19601, ISO 14001

2. Estrutura organizativa

O Grupo por dentro

Para o Grupo RC Celta as persoas que o conforman son o principal activo, mantendo un firme compromiso co emprego de calidade baseado en condicións de igualdade de oportunidades, independentemente do sexo, idade ou outras circunstancias. Desde o Grupo RC Celta apostase e traballase activamente pola aliñación da súa estratexia e obxectivos, co desenvolvemento e a profesionalización das persoas que conforman o seu equipo humano, a través da motivación e a formación continua.

O organigrama

O organigrama ( Atópase en fase de construcción)

 

Pulsa aquí para ver todo o organigrama do Grupo

3. Planes e programas

1

Solvencia económica e financeira

Xerar solvencia económica e financeira para soportar e crecer nos negocios, mediante: Consolidación da presenza internacional como elemento xerador de ingresos, mediante un plan de internacionalización que arrinca cun xira de pretemporada da tempada 2022/203 do primeiro equipo por Estados Unidos e México, que busca crecer en ingresos e gañar presenza en diferentes mercados.

Xeración de contido dixital en novos nichos de mercado que permita a fidelización de fans, crecemento de seguidores e estender a marca Celta para conseguir monetizar a presenza en novos mercados.

Procura de novas oportunidades de patrocinio que incrementen o valor global da marca e permitan crecer en ingresos

2

Plan de investimentos estratéxicos:

  • –  Investimento en xogadores,
  • –  Proxecto Factoría do Deporte Gallego- Galicia Sports 360. A aprobación inicial do Proxecto de Interese Autonómico (PIA) é o primeiro paso para obter a aprobación definitiva para empezar a acometer as obras dun proxecto de preto de 300.000m2 desde o que se van a abordar e impulsar distintas facetas do sistema deportivo e vai supoñer a xeración de emprego, o fomento da investigación e a cultura e o lecer, para un futuro sostible.
    • – Continuidade do proxecto de dixitalización e Big Data. incorporando novas ferramentas que liberen o tempo das persoas para realizar tarefas que acheguen valor e dotar de ferramentas que permitan unha mellor análise e aprendizaxe da relación que ten a clientela co Grupo e crear «patróns» que axuden na mellora do servizo ou ser proactivos na cobertura das necesidades futuras que terá a clientela. Potenciando o reporting en power bi, podendo comparar e analizar datos procedentes de diferentes fontes, permitindo fusionar todos os datos e procesalos, converténdoos en gráficos e táboas coas que extraer decisións de forma áxil.

3

Globalización e internacionalización da marca

Obxectivo de imaxe e transparencia para favorecer o crecemento económico e o desenvolvemento social, para iso:

  • Cumprimos co Índice de Transparencia dos Clubs de Futbol (INFUT) ao 100%, na súa última edición (ano 2019)
  • – Certificado de Excelencia en Xestión Empresarial, tras a avaliación dos principais parámetros que determinan a xestión: solvencia, rendibilidade, crecemento, emprego, internacionalización, responsabilidade social corporativa, satisfacción da clientela, innovación, xestión do risco comercial e dixitalización.
  • – Indicador Ardan Empresa Ben Xestionada 2022, polo cumprimento de varios criterios simultaneamente: crecemento dos ingresos, rendibilidade, produtividade e liquidez; con valores por encima da mediana do sector no que operan e durante un período de tres anos consecutivos (período de referencia: 2018-2020).
  • – Indicador Ardan Empresa Circular 2022, pola continuidade da estratexia de económica circular.
  • O Consello Superior de Deportes, concedeu á sociedade a Placa de Ouro da Real Orde do Merito Deportivo, máxima distinción que outorga o deporte en España, que valora os méritos e circunstancias que concorren nos historiais deportivos e profesionais das persoas e entidades, aos seus éxitos deportivos ou á súa achega ao desenvolvemento do deporte español.
  • En xullo de 2023, a sociedade Real Club Celta de Vigo, S.A.D. obtén 924 puntos sobre 1.000 puntos na Clasificación de Empresas Intelixentes de Galicia 2022. Tendo a consideración de empresa intelixente, a que mellor combina a súa capacidade actual para a creación de valor cun modelo de negocio capaz de xerar no futuro un crecemento económico sostible e inclusivo.

O plan estratéxico da sociedade

Como consecuencia dos efectos do contexto socio económico no que nos atopamos , considérase de suma importancia do cara ao futuro:

  • Xerar rendibilidade a través dos negocios: unha das estratexias é xerar maior rendibilidade, para iso farase fincapé na explotación de novas áreas e negocios, establecendo como prioridade:
    • O crecemento, en cifra de vendas, países con presenza, canles de venda.
    • Xerar maior rendibilidade.
    • Mellorar a calidade, servizo e valoración.
    • Proxecto GS360 como dinamizador de novas actividades que axuden a incrementar o negocio.

FACTORIA DO DEPORTE GALEGO-GALICIA SPORTS 360

DIXITALIZACIÓN

O Club emprendeu unha etapa de transformación dixital continua, baseado na análise permanente da actividade, tanto interna nos procesos de empresa como externa na relación coa clientela, tanto B2B como B2C.

Dentro da innovación en procesos internos, desde o club analízanse de maneira continua as tarefas que leva a cabo o persoal, tratando de dixitalizar, incorporando novas ferramentas, as que non achegan valor e liberando o tempo das persoas para aquelas relevantes.

Respecto á innovación para B2C, o club vaise dotando de ferramentas que permitan unha mellor análise e aprendizaxe da relación que ten o cliente co Club e poder crear “patróns” que axuden na mellora de servizo ou ser proactivos na cobertura de necesidades futuras que terá a clientela.

Ferramentas analíticas, sistemas de Intelixencia Artificial e captación de datos 360, son a base do coñecemento de cliente e do seu comportamento, algo que directamente está a impactar na sociedade vía adecuación de oferta de produtos e servizos. Esta dixitalización mantén un impacto directo en optimización de modelos de sustentabilidade, vía mobilidade, medio ambiente e, por conseguinte, redución de pegada de carbono.

Moito mais cun equipo de fútbol

A sociedade ten implantadas distintas metodoloxías e procesos que lle permiten desenvolver a actividade de maneira ética, transparente e sostible, impulsando os valores de excelencia, transparencia, sustentabilidade e proximidade como puntos fortes do seu negocio:

  • Excelencia empresarial e deportiva, mediante a implementación de diferentes sistemas de calidade baixo o estándar UNE EN ISO 9001:2015 certificados pola entidade de acreditación AENOR, na nosa orientación á clientela, á xestión de procesos, á mellora continua (no departamento de seguridade e instalacións e na área corporativa).
  • Transparencia, mediante a responsabilidade social e ética empresarial no mundo dos negocios, polo que se formula voluntariamente o Estado de Información Non Financeiro do Grupo RCCelta cada tempada, valoración INFUT do 100% na clasificación do Índice de Transparencia dos clubs de futbol desenvolvido por Transparency International España e implementación do sistema de xestión de Compliance Penal baixo o estándar UNE 19601:2017.
  • Sustentabilidade, mediante a optimización da xestión de recursos e residuos o que diferencia á sociedade da competencia e reforza de maneira positiva a imaxe ante a sociedade en xeral. A sociedade integra o medio ambiente na xestión global da mesma, para iso implanta o sistema de xestión ambiental conforme á Norma ISO 14001:2015. Esta optimización na xestión de recursos e residuos vese reforzada tamén coa obtención do Indicador Ardan Empresa Circular 2020, 2021 e 2022, pola implementación dunha estratexia de economía circular. Ademais, a Cidade Deportiva Afouteza foi finalista da XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (BEAU) dos anos 2018 a 2020. E nomeada ao Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea- Premio Mies van der Rohe 2022 para as obras finalizadas entre outubro 2018 e abril 2021.
  • Proximidade, mediante a implementación de boas prácticas na xestión dos riscos derivados do COVID-19 baixo o estándar Protocolo fronte ao COVID-19, xerando confianza entre todos os colectivos (clientela, as persoas que conforman o Grupo e público en xeral).

Todo iso fai que nos concedan o Certificado de Excelencia en xestión empresarial Informa-o Economista ano 2019, 2020, 2021 e 2022 e que nos concedan o Indicador Ardan Empresa Ben Xestionada 2022.

4. Datos de contacto

As nosas canles de contacto

A través do teléfono 986 110 900, das seguintes direccións [email protected] e [email protected] ou en Calle Príncipe, 44 CP: 36202 Vigo poden poñerse en contacto co Real Club Celta de Vigo, S.A.D.; Fundación Celta de Vigo; Afouteza e Corazón, S.L.U. e Galicia Sport 360, S.L.U.

5. Estado de información Non Financieira

Máxima transparencia

O Grupo RC Celta intenta mostrar de forma transparente aquela información que non só afecta ao modelo de negocio, senon que explica a creación de valor social do Grupo. A nosa intención é informar sobre:

Cuestións ambientais

En relación á identificación e avaliación dos efectos que o Grupo RC Celta produce na contorna ambiental no que se atopa.

Cuestións sociais e de persoal

Para o Grupo RC Celta as persoas que o conforman son o principal activo,  mantendo un firme compromiso con o emprego de calidade.

Respeto aos dereitos humanos

No Grupo RC Celta, identifícase e defende todos e cada un dos principios recollidos na Declaración Universal de Dereitos Humanos de Nacións Unidas.

Lucha contra a corrupción e o soborno

Aliñado cos valores de honestidade, xustiza, integridade e transparencia, o Grupo RC Celta mantén unha política de tolerancia cero fronte a calquera tipo de corrupción.

Por iso o Consello de Administración de Real Club Celta de Vigo, S.A.D., formula de forma voluntaria o Estado de Información Non Financeira do Grupo RC Celta.

6. Memoria deportiva

Análisis da tempada 2021/2022

Os ” feitos” deportivos mais relevantes da tempada 2021/2022 son:

  • Carto Trofeo Zarra de Iago Aspas
  • Catro xogadores lograron o record persoal de minutos: Kevin Vazquez, Fran Beltran, Joseph Aidoo e Brais Mendez
  • Racha de 5 partidos se perder
  • Debut do xuvenil Hugo Alvarez, xunto con Damian e Cesar convocados por primeira vez
  • Once canteranos con minutos
  • 400 partidos de Hugo Mallo
  • Celta B, sexto tras outra gran temporada

Outras páxinas do Grupo RC Celta

Quenes somos

O Grupo RC Celta caracterízase pola especialización nos negocios que desenvolve, construíndo relacións de confianza.
Coñece ao Grupo RC Celta

Certificados

No Grupo  RC Celta estamos plenamente convencidos da importancia que ten cumprir coas normativas vixentes en materia de calidade,  medioambiente…

Ver Certificados

Recoñecementos

No Grupo RC Celta traballamos baixo o prisma da excelencia empresarial e nos últimos anos acumulamos importantes recoñecementos á boa xestión.
Ver Recoñecementos