Inxusta derrota do RC Celta B en Barreiro (0-1)

O RC Celta B caeu este domingo ante o Raio Majadahonda (0-1) nun encontro no que os de Jacobo Montes gozaron de numerosas ocasións que non lograron transformar. Os madrileños aproveitáronse da lesión do porteiro celeste para adiantarse no marcador mediada a segunda metade.

FICHA TÉCNICA

0 – RC Celta B: Álvaro (Fran, min 71), Carreira, Ros, Farrando, Fontán, Dani Molina (Lauti, min 80), Moha, Yeboah, Jacobo (Bermejo, min 74), Losada e Apeh

1 – R. Majadahonda: Basilio, Adrián, Pulido, Caballé, Díaz, Moyita (Laerte, min 83), Rubén Mesa (Ródenas, min 87), Borja (Carlitos, min 72), Pablo Andrade, Dean e Jesús Valentín.

Goles: 0-1 Moyita, min 68

Árbitro: González Hernández (Castela e León). Amoestou a Yeboah, Apeh, Ros, Fontán (RC Celta) e a Moyita (R. Majadahonda).

Campo: Barreiro