Jero, xuventude e experiencia para a portería do Celta B

jero_celta_b.JPG

 

O RC Celta pechou a incorporación do porteiro Jerónimo Lario para o equipo filial. O novo gardameta celeste, que asina por dúas tempadas con opción a outras dúas, chega a Vigo tras xogar a tempada pasada no FC Jumilla.

 

Jero (Murcia, 1995) é un porteiro en liña ascendente que acaba de asinar unha campaña notable en Segunda División B. Áxil baixo paus, con bos reflexos e seguro cos pés, Jero destaca sobre todo pola enorme experiencia que atesoura na categoría de bronce: 69 partidos xogados con tan só 22 anos.

Leave a Reply

5 × 2 =