Joseph Aidoo entra no XI ideal da xornada de LaLiga Fantasy

O bo partido do RC Celta este sábado ante a SD Eibar segue recibindo recoñecementos. O defensa Joseph Aidoo entrou no mellor XI da xornada de LaLiga Fantasy como un dos mellores zagueiros do fin de semana. O céltico comparte aliñación ideal con Dmitrovic (Eibar), Paulista, Vallejo (Valencia), Domingos, Milla e Montoro (Granada), Morales (Levante), Juan Carlos (Huesca), Oier (Osasuna) e Gerard (Villarreal).