JUVENIL A | O Osasuna, primeiro rival do Celta na Copa de Campións

C9EzNK8XkAIWpN9.jpg

 

O sorteo da XXIII Copa de Campións de Xuvenil División de Honra, celebrado este martes en Sanxenxo, emparellou ao Celta co Osasuna na primeira eliminatoria do torneo. Os celestes mediranse ao conxunto navarro o luns 1 de maio no Campo de Baltar de Portonovo e, de clasificarse á seguinte rolda, enfrontaranse ao gañador do Málaga-Barça.

 

A Copa de Campións, que este ano se celebra en Galicia, reúne aos mellores equipos da tempada xuvenil de División de Honra (o sete campións e o segundo mellor clasificado): Celta, Osasuna, Málaga, Barcelona, Real Madrid, Atlético de Madrid, Las Palmas e Villarreal.

 

C9ICEXLXgAEBmUC.jpg

Leave a Reply

five × three =