Hemeroteca celtismo

LIGA | Ante o Villarreal entradas dende 10 e 20 euros

RC Celta

sisto-celtavill.jpg

 

O fútbol non para en Balaídos. Tras a gran vitoria europea do xoves ante o Krasnodar, selada cun gol de Beauvue no último minuto, o Celta volve centrarse en LaLiga ante a visita do Vilarreal CF este domingo ás 18:30 con motivo da xornada 27. As entradas para este atractivo duelo oscilan entre os 20€ e os 50€ en categoría ‘Adulto’ e entre 10€ e 30€ para Sub-25. O club anima a todos os afeccionados a acudir ao estadio para apoiar ao equipo e sumar unha nova vitoria en casa que permita ao Celta seguir aspirando a escalar posicións na táboa.

 

As entradas xa están dispoñibles nas billeteiras de Balaídos, abertas habitualmente de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas e na web www.celtavigo.org/taquillaCelta. O día do partido as billeteiras abrirán ininterrumpidamente dende as 10 horas ata o inicio do encontro.

 

precios100317.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas