LIGA | As billeteiras poñen á venda entradas para o Celta-Real Madrid

aficionados060217.JPG

 

O vindeiro mércores 17 de maio, ‘Día dás Letras Galegas’, xogarase o partido da xornada 21 ante o Real Madrid (21:00 horas, Balaídos), aprazado o pasado mes de febreiro debido a condicións meterológicas adversas. Os despachos de billetes de Balaídos poñerán á venda a partir deste mércores entradas para o encontro ante o conxunto madrileño. Os prezos dos billetes son idénticos aos establecidos no seu momento: entre 50 e 70 euros para categoría SUB-25 e entre 70 e 110 euros para ADULTO.

 

Ao tratarse dun partido desginado como “Día de Club” os abonados de tempada que tramitaron o seu carné despois do 8 de xullo, ou 31 de decembro no caso dos anuais, deberán retirar un suplemento nos despachos de billetes de Balaídos (20€ Adulto, 10€ Sub-25, 5€ menores de 8 anos).

 

Os afeccionados que conserven entradas adquiridas en febreiro para este partido poderán utilizalas para acceder ao estadio sen necesidade de maiores xestións. Por outra banda, e tal como anunciouse, os seguidores que desexen devolver as súas entradas a cambio do reembolso do importe abonado, poderán facelo ata este mércores 10 de maio, 5 días despois da comunicación da nova data de celebración do encontro.

 

entradas.jpg

Leave a Reply

12 + four =