Hemeroteca celtismo

LIGA | Entradas dende 10 e 15 euros para recibir a Las Palmas

RC Celta

abrazo2017.jpg

 

LaLiga volve a Balaídos o luns 3 de abril ás 20:45 cun atractivo Celta-Las Palmas. O conxunto canario é decimosegundo na clasificación, a tan só tres puntos dos celestes, polo que sen dúbida vivirase un duelo emocionante e intenso de principio a fin.

 

O club a establecido para este choque uns prezos que oscilan entre os 15€ e os 40€ en categoría ‘Adulto’ e entre 10€ e 25€ para Sub-25. O club anima a todos os afeccionados a acudir ao estadio para apoiar ao equipo e sumar unha nova vitoria en casa que permita ao Celta seguir aspirando a escalar posicións na táboa.

 

As entradas xa están dispoñibles nos despachos de billetes de Balaídos, abertas habitualmente de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas e na web www.celtavigo.org/taquillaCelta.

 

precios220317.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas