Primeiro Equipo

LIGA | Solvente, valiosa e ilusionante vitoria do Celta en Leganés (0-2)

RC Celta

LEGCEL280117.jpg

 

O Celta logro en Butarque unha solvente vitoria, dun gran valor no durísimo calendario que afrontan os vigueses. O conxunto celeste, sólido e voraz, derrotou ao Leganés con tantos de Lemos, no seu debut en Primeira, e Guideti, de penalti cometido sobre Sisto tras unha fantástica xogada do danés.

 

O comezo foi igualado, cun Celta un tanto incómodo co estado do terreo de xogo e un Leganés brioso e decidido. Sen apenas ocasións, pero cos vigueses mellorando, aos 32 minutos chegou unha poutada celeste. Lemos recibiu e Señé no corazón da área, virouse como un hábil dianteiro e rematou coa zurda como un verdadeiro ?killer?. Balón á madeira e á rede para redondear o seu debut en Primeira División. Até o descanso non houbo trafego nas áreas e si unha mala noticia, a lesión de Rossi, substituído por Guidetti.

 

Tras a continuación, o cadro local tomou a iniciativa, aínda que con moitos balóns longos que os vigueses defendían con solvencia e tamén con numerosas opcións a balón parado tamén liquidadas con autoridade pola zaga visitante. O Celta, extremadamente sólido, volveu golpear aos 20 minutos cunha xogada marabillosa de Sisto, que caeu derrubado na área de maneira clara tras desfacerse de dous rivais. O penalti lanzouno Guidetti para ampliar a vantaxe celeste.

 

O equipo vigués controlou o choque con autoridade até o final e sumou unha valiosa vitoria a domicilio.

 

FICHA TÉCNICA

0-UD Leganés: Herrerín, Víctor Díaz, Mantovani, Insua, Adrián Marín, Rubén Pérez, Timor (Luciano, min.53), Unai López (Machís, min.73), Gabriel, Szymanowski (Samu García, min.73) e Guerrero.

 

2-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontás, Panas, Radoja, Pablo Hernández, Señé (Jozabed, min.90), Sisto, Lemos (Jonny, min.79) e Rossi (Guidetti, min.43).

 

Goles: 0-1, min.32: Lemos; 0-2, min.65: Guidetti, de penalti.

 

Árbitro: Trujillo Suárez, do comité canario. Amonestou a Gabriel (Leganés); Fontàs (Celta).

 

Campo: Butarque

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas