Primeiro Equipo

LIGA | Triplete de Rossi para dobregar á UD As Palmas (3-1)

RC Celta

rossigol030417.jpg

 

O Celta gañou con solvencia ante a UD Las Palmas, un dos equipos que mellor fútbol practica en Primeira División. En liñas xerais, os celestes dominaron o encontro e tiveron as mellores ocasións. Giuseppe Rossi foi o gran protagonista da noite ao marcar o tres goles do Celta. Primeiro triplete dun futbolista céltico nesta tempada.

 

Os de Berizzo arrincaron o encontro a un gran nivel. Enfronte un Las Palmas atenazado e sen ideas que pagou moi caros os seus erros. Aos doce minutos Rossi cazou un mal pase de Bigas, plantouse na área canaria e definiu con acerto. O gol en contra avivou ao conxunto adestrado por Quique Setién, que viu como chegaba o segundo tanto vigués, de novo obra de Rossi, cando mellores sensacións ofrecían. Antes anulouse unha diana do Las Palmas por un fóra de xogo inexistente.

 

O Celta arrincou o segundo tempo baixo de revolucións, pero aos poucos recuperou a batuta. No minuto 56 Rossi levou a Balaídos á éxtase co seu terceiro gol. O italiano retirouse dez minutos despois ovacionado pola bancada. Cando todo parecía listo para sentenza, os amarelos volveron apertar. Na recta final do choque Bigas recortou distancias no marcador aproveitando un balón solto na área e, practicamente sobre a bucina, Vise tivo o 3-2 nas súas botas. Non houbo tempo para máis.

 

FICHA TÉCNICA

3-CELTA: Sergio, Roncaglia, Cabral, Fontàs, Jonny, Radoja, Jozabed (Pape, min.89), Wass, Iago Aspas (Beauvue, min.79), Sisto, Rossi (Pablo Hdez., min.66).

 

1-LAS PALMAS: Lizoain, Bigas, D. Simón (Macedo, min.66), D. García, Boateng (Livaja, min.66), Tana, R. Mesa, V. Gómez (Halilovic, min.73), Castellano, Viera, Jesé.

 

Goles: Rossi, 1-0, min.12; Rossi, 2-0, min.35; Rossi, 3-0, min.56; Bigas, 3-1, min.80.

 

Árbitro: Clos Gómez, do comité aragonés. Amonestou a Roncaglia, Jonny, Pape (Celta); Bigas, Jesé, Viera (Las Palmas).

 

Campo: Balaídos, 14.212 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas