lobotka-renovacion-celta-3.jpg
Primeiro Equipo

Lobotka amplía o seu contrato co RC Celta ata 2023

RC Celta

Unha das revelacións do campionato, un xogador que causou sensación polo seu dinamismo, calidade e entrega afianza o seu vínculo co RC Celta. O centrocampista Stanislav Lobotka, de 23 anos de idade, ampliou o seu contrato co equipo vigués. O internacional eslovaco será celeste ata 2023, unha excelente noticia para o RC Celta, que deste xeito ‘ata’ a un xogador de presente e de futuro.

Lobotka expresou en Celta Media a súa satisfacción por esta ampliación de contrato, xa que “me encanta a cidade, o club e a xente. Estou moi feliz de asinar”. O medio centro acumula máis de 1.800 minutos esta tempada na que o seu obxectivo é “axudar ao equipo para clasificarnos para a Europa League”.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas