Primeiro Equipo

Lucas Olaza continuará unha tempada máis no RC Celta

RC Celta

O RC Celta reforza a súa defensa coa solidez, potencia e despregamento físico do lateral zurdo Lucas Olaza, que continúa unha tempada máis en Vigo cedido por Boca Juniors. Ademais, o club celeste se garda unha opción de compra ao termo da mesma.

Lucas Olaza (Montevideo, 27-07-1994) protagonizou fai tan só uns meses un sobresaínte final de campaña no RC Celta, disputando o últimos dez partidos de LaLiga Santander e sendo unha peza importante na melloría defensiva do equipo. O uruguaio tamén destacou por ser un lateral ofensivo e repartiu dúas asistencias de gol aos seus compañeiros.

O defensa celeste, internacional sub-20 con Uruguai, non necesita proceso de adaptación xa que coñece ben a cidade, LaLiga e o club tras militar no filial na tempada 2015/2016 e no primeiro equipo na mencionada segunda metade da pasada campaña.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas