Primeiro Equipo

Maxi Gómez entra na lsitaxe definitiva de Uruguai

RC Celta

maxi_gomez_celebracion_balaidos_j1_celta_real_sociedad_liga_2017_2018.jpg

 

Un dos soños do dianteiro Maxi Gómez está cada vez máis preto de cumprirse. O celeste, que fora incluído na preconvocatoria de Uruguai para os partidos de clasifiación ao Mundial ante Venezuela e Bolivia, foi confirmado este xoves como un dos 27 futbolistas uruguaios que conforman a lista definitiva do seleccionador Tábarez.

 

Para Maxi é a primeira convocatoria coa selección do seu país, coa que podería debutar o 5 de outubro en San Cristóbal (Venezuela) ou o 10 de outubro en Montevideo (Uruguai).

 

Máis internacionais confirmados
A convocatoria de Maxi Gómez coa súa selección únese ás de Pione Sisto con Dinamarca, John Guidetti con Suecia e Pablo ‘Tucu’ Hernández con Chile. Este venres coñeceranse as listas doutros combinados nacionais, como a de España, que poderían facer aumentar a nómina de internacionais celestes de face á próxima ‘Data FIFA’.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas