Maxi, Jozabed, Brais e Juan Hdez. participan nunha nova convivencia coa canteira

Maxi Gómez, Jozabed, Brais Méndez e Juan Hernández foron os últimos xogadores do primeiro equipo e do filial en participar nas ‘Xornadas de Tecnificación e Convivencia’ da canteira celeste. Estas xornadas de convivencia organizadas polo departamento de categorías inferiores dentro do programa SICO (Sesións Individuais e Colectivas de Optimización), funcionan como unha master class sobre o céspede, na que os canteiráns celestes teñen a oportunidade de recibir pautas e consellos por parte dos futbolistas profesionais do RC Celta.

Sergi Gómez, Sergio, Kevin e Sotres foron os protagonistas da anterior experiencia deste tipo na Madroa.