Hemeroteca celtismo

Merca as túas entradas para o RC Celta-Almería

RC Celta

celta-almeria_1314_ilustracion.jpg

Tamién están dispoñibles os billetes para o partido de Copa ante o Athletic Club de Bilbao

 

A Liga regresa a Balaídos o sábado 30 de novembro, ás 18:00 horas. O Celta recibe á UD Almería, co claro obxectivo de lograr a primeira vitoria da tempada en casa. O apoio na bancada do celtismo, intachable, será clave para empuxar aos celestes cara ao triunfo. Tres puntos ante un rival directo que poden quedar en Vigo, da man de equipo e afección.

 

O club mantén unha vez máis os prezos das entradas, que oscilan entre 25 e 50 euros na categoría adulto e entre 15 e 25 euros na categoría Sub-24.

 

A afección celtista demostra cada partido en Balaídos a súa entrega polas cores celeste e branco, tanto nos prolegómenos dos encontros como durante e despois do noventa minutos de xogo. O club anima a que todos os abonados e seguidores célticos acudan ao estadio e axuden co seu alento a crear un ambiente de auténtico celtismo, un escenario no que a vitoria será aínda máis posible.

 

As entradas poden adquirirse de luns a venres na oficina de abonados en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas ou nos despachos de billetes do estadio o sábado en horario ininterrompido de 10.00 ao comezo do partido. Ademais as entradas xa están dispoñibles no despacho de billetes virtual, accesible as 24 horas o sete días da semanawww.celtavigo.org/taquillaCelta 

 

 

 

ENTRADAS

ADULTO

SUB 24

TRIBUNA

50

NON DISPOÑIBLE

RÍO ALTO

40

25

RÍO BAIXO

40

25

PREFERENCIA

35

15

GOL

25

15

MARCADOR

25

15

FONDO

NON DISPOÑIBLE

NON DISPOÑIBLE

 

Tamén están á venda, cós mesmos prezos, as entradas para o partido de ida de 1/16 de final da Copa do Rei ante o Athletic Club de Bilbao (sábado 7 de decembro, 20:00), que poden adquirirse na oficina de abonados de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas ou en calquera momento a través do despacho de billetes online.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas