Mérida ou La Nucía, próximos rivais do RC Celta na Copa de SM o Rei

O RC Celta quedou emparellado co vencedor da eliminatoria entre a Asociación Deportiva Mérida e o Club de Fútbol La Nucía, na segunda rolda da Copa de SM o Rei. A eliminatoria, a partido único, disputarase o segundo fin de semana do mes de xaneiro no estadio do conxunto de inferior categoría.