Miguel Cardoso: «O resultado penalízanos moito»


O adestrador do RC Celta, Miguel Cardoso, definiu dous partes ben diferenciadas durante o partido ante o Valencia CF. “Tivemos dous momentos completamente distintos. Fixemos 70 minutos nos que estivemos dentro do plan que adestráramos. Logo permitimos que chegasen á nosa portaría con máis xente. O resultado penalízanos moito”, apuntou o técnico en rolda de prensa.

O preparador portugués quixo destacar os primeiros 70 minutos do equipo celeste e recoñeceu que ten “enerxía” para cambiar a dinámica de resultados. “Sinto a vontade de facer cousas boas. O meu traballo é manter o enfoque nas cousas que debemos facer. Desa maneira sairemos de abaixo como un equipo”.