Minuto de silencio antes do partido de Liga ante o Eibar

Antes do partido de Liga ante a SD Eibar, este sábado 24 de febreiro áas 13:00 horas, Balaídos gardará un minuto de silencio en memoria dos abonados históricos José Núñez, Jesús María Pujales, Raimundo Comesaña e Amador Miguel de Frutos; do ex adestrador celeste Luis Cid “Carriega”, da ex empregada do club Olga Parada e do ertzaintza Inocencio Alonso. Descansen en paz.