Celtismo

Multitudinario aniversario de A Sede nunha xornada chea de actividades e celtismo

RC Celta

A Sede, o edificio do RC Celta no centro de Vigo, cumpriu un ano desde a súa inauguración. Con tal motivo, o club vigués organizou o pasado sábado unha completa xornada de actividades que culminou coa proxección do partido do primeiro equipo en pantalla xigante.

Desde primeira hora da mañá, os celtistas máis novos puideron gozar de actividades e xogos novos na área infantil Cabreiroá, que se instalou no Salón Rexio. Videoxogos, simuladores de condución, fútbol con robots ou dispositivos de realidade virtual, entre outros, fixeron as delicias dos pequenos.

A Sede encheuse de ambiente na sesión vermú, amenizada polo grupo A Chata Soul e os DJs Dúo Estático, e co inicio do partido do RC Celta no Santiago Bernabéu, que se viviu con paixón tanto no videowall da tenda como na pantalla xigante do Salón Rexio. Ademais, os afeccionados que se achegaron ao edificio da Rúa do Príncipe, participaron en sorteos de camisetas e balóns do RC Celta e vales para os distintos establecementos do club (tenda, clínica, restaurante Silabario…).

 

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas