Nace Celta Mobile cunha atractiva oferta e condicións excepcionais en móbil e fibra


O RC Celta amplía a súa proposta de servizos para abonados e afeccionados, ademais do público en xeral, cunha atractiva oferta de produtos nun dous sectores con maior consumo. Nace Celta Mobile, operador de telefonía móbil con condicións excepcionais en móbiles e fibra co que o club continúa expandindo as súas liñas de negocio e implantación na sociedade.

Celta Mobile ofrece a mellor cobertura nacional e sen ningún tipo de atadura contractual. As súas tarifas son realmente competitivas e ademais, unha vez dado de alta o servizo, non sufrirán modificacións para sempre.

Celta Mobile é totalmente personalizable para que os usuarios poidan elixir os produtos que mellor de adapten ás súas necesidades co fin de evitar o habitual sobre custo de servizos que realmente non se utilizan.

Toda a información sobre as ofertas, servizos e tarifas pódense consultar na páxina web www.celtamobile.es