Audiovisual

Nova imaxe corporativa do estadio ABANCA Balaídos

RC Celta

O RC Celta e ABANCA presentan a imaxe corporativa do estadio ABANCA Balaídos, que na presente tempada presidirá numerosos espazos do coliseo celeste. Esta imaxe é froito do acordo alcanzado por ambas institucións o pasado mes de xuño e rubricado por Carlos Mouriño, presidente do Real Club Celta e Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA.

Este acordo representou un notable reforzo da colaboración institucional entre ambas entidades e supuxo unha ampla renovación dos términos do patrocinio deportivo. ABANCA converteuse na entidade financeira de referencia, e main partner do RC Celta nunha colaboración estable durante os próximos 10 anos que inclúe o novo nome do estadio ABANCA Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Audiovisual Celta media Celta media Celta media Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas