O canteirán Brais Méndez amplía o seu contrato ata 2024


O centrocampista Brais Méndez será xogador celeste ata o ano 2024. O canteirán de Mos, ao que restaba un ano de contrato, selou a súa renovación en A Sede xunto ao presidente Carlos Mouriño.

Brais Méndez (Mos, 1997) debutou en partido oficial co primeiro equipo o 21 de setembro de 2017 ante o Getafe. O seu primeiro gol coa camiseta do RC Celta chegaría o 31 de marzo de 2018 en San Mamés ante o Athletic Club.

O canteirán, internacional absoluto coa Selección Española, coa que ata anotou un gol, mostrou a súa profunda alegría tras ampliar a súa vinculación co club. “sempre dixen que esta é a miña casa, estou moi feliz por seguir aquí”, apuntou Méndez.

Con esta renovación o RC Celta referenda unha vez máis a súa decidida aposta pola canteira e pola chegada de xogadores formados na Madroa ao primeiro equipo.