Hemeroteca club

O canteirán celeste Yoel Rodríguez lesiónase de gravidade

RC Celta

yoel_celta_cantera.JPG

 

A SD Eibar comunicou este martes a grave lesión sufrida polo porteiro Yoel Rodríguez no seu xeonllo dereito. O canteirán celeste lesionouse mentres adestraba pola súa conta, preparandose para o regreso aos adestramentos oficiais co seu equipo, e estará de baixa polo menos 6 meses por rotura do ligamento cruzado anterior, menisco interno e ligamento lateral interno.

 

Yoel formouse na canteira do RC Celta e en 2009 debutou no primeiro equipo celeste, no que permaneceu ata o verán de 2014. O RC Celta desexa transmitir, en nome do club vigués e de todo o celtismo, o seu máximo apoio e agarimo a Yoel. Ánimo canteirán! Desexámosche unha pronta e total recuperación.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas