Primeiro Equipo

O canteirán Kevin Vázquez renova co RC Celta ata 2023

RC Celta

O lateral destro Kevin Vázquez será celeste ata 2023. O canteirán, unha das novas incorporacións do primeiro equipo para a tempada 2018/19, e o presidente Carlos Mouriño selaron en A Sede a ampliación do seu contrato polo próximas cinco tempadas.

Kevin Vázquez (Nigrán, 1993) é un dos grandes nomes da historia do Celta B, co que debutou no ano 2010. O defensa galego foi un dos puntais do conxunto filial durante as últimas campañas, tal e como evidencian as súas marcas persoais coa segunda escuadra celeste: xogador con máis partidos disputados co Celta B, con máis vitorias e con máis capitanías.

«É un soño cumprido, para min e para todos os canteiráns do Celta», expresouse o nigranés tras asinar o seu novo contrato. O xogador valorou a súa renovación como unha gran mensaxe para os canteiráns da Madroa, quen poden «identificarse comigo, como eu fíxeno con Hugo Mallo ou Sergio» e crer que «con traballo e sacrificio pódese conseguir».

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas