Sergio-ok.jpg
A Canteira

O canteirán Sergio Carreira debuta nunha convocatoria da Sub-19

RC Celta

O canteirán Sergio Carreira, futbolista do Xuvenil A e do RC Celta B, foi chamado por primeira vez pola Selección Española Sub-19 para uns adestramentos oficiais que se celebrarán no Albir (Alacante) a próxima semana. Estes adestramentos determinarán que xogadores acudirán ao próximo Campionato Europeo da UEFA da categoría que se celebrará en Armenia entre o 14 e o 27 de xullo.

Esta citación referenda o traballo e o esforzo do club e a Fundación na potenciación e mellora da canteira celeste, cuxa achega ás categorías inferiores da Selección Española é máis que notable.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Novas canteira Novas canteira Novas canteira

Noticias recomendadas