celta-b-marbella-cele-14518-1.jpg
A Canteira

O Celta B golea, volve facer historia e xogará o play off de ascenso

RC Celta


 

O Celta B realizou un espléndido partido, pleno der esforzo e calidade, para pechar a tempada con vitoria e apurar as súas opcións de xogar o play off. Goleó ao Guijuelo cunha fe e un sacrificio descomunais. Tivo premio. O Certa B xogará o play off por terceira vez na súa historia.

O filial mostrou unha ambición tremenda desde o inicio. Foise arriba con decisión e acertou no segundo minuto. Gran centro de Juan Hernández e remate á rede de Dennis. O filial acumulou ocasións e chegadas, pero o Gujuelo, moi metido atrás, logrou o empate pasado o primeiro cuarto de hora nunha contra que culminou Fuster.

Tardou en refacerse o Celta B do mazazo, pero recuperou o mando e as ocasións. Dennis puido marcar o segundo aos 26 minutos tras un centro desde a esquerda, pero o seu remate, na área pequena, saíu desviado. Pouco despois, Juan Hernández marcou cun gran remate cruzado tras un espléndido pase de Drazic.

O descanso chegou sen novidades e cun filial envorcado.

Trala reanudación, o filial mantivo o empuxe e os riscos atrás ante un rival que contragolpeaba con perigo. A madeira impediu o terceiro tras un remate sobre a mesma liña de Agus aos 15 minutos tras unha gran xogada de Dennis.

Agus repareceu enseguida e aos 27 minutos cabeceou á rede tras un rexeite do porteiro. O filial aumentaba a súa vantaxe e soñaba co play off. Dennis pechou a goleada a falta de seis minutos cun remate certeiro tras un rexeite. O objetivó cumpriuse e o Celta B xogará o play off.

4-Celta B: Sotres, Kevin, Alende, Ros, Agus, Rai, Pastrana, Álex, Juan Hernández (Aarón Rey, min.84), Drazic (Dani Molina, min.80) e  Dennis (Pol, min.91)

1-CD Guijuelo: Amador, Abel, Ayala, Julio Algar, Kevin, Borja, Juanra (Ayub, min.64), Carlos Rubén (Raúl, min.77), Fuster, Carmona (Gavilán, min.70) e Diego Suárez

Goles: 1-0, min.2: Dennis; 1-1, min.16: Fuster; 2-1, min.29: Juan Hernández; 3-1, min.71: Agus; 4-1, min.84: Dennis

Árbitro: Palencai Caballero, do comité vasco. Amonestou a Kevin, Borja, Julio Algar, Ayub, Ayala, Rai

Campo: Barreiro, uns 1.200 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Celta b Celta b Celta b Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira

Noticias recomendadas