Primeiro Equipo

O Celta deixa escapar a vitoria ante un bo Valladolid (3-3)

RC Celta

Un Celta de máis a menos e que concedeu demasiado en defensa, viu como se esfumaba unha valiosa vitoria no último suspiro. Os celestes empezaron irresistibles, dominando por completo o xogo e convertendo dous tanta -obra dos ‘killers’ Iago Aspas e Maxi Gómez- en menos de dez minutos. O Real Valladolid, conxunto que chegaba á quinta xornada coa súa marcadora de goles a favor en branco, se remangó e comezou a gañar terreo a un Celta brando en tarefas defensivas.

Óscar Plano recortou distancias de cabeza a poucos minutos do descanso. Tras a continuación, un novo tanto de Iago Aspas bañou de calma as bancadas do ABANCA Balaídos… pero foi un espellismo. Os valisoletanos non se renderon e no 65 volveron recortar distancias cunha diana de Ünal. Os de Antonio Mohamed non lograban pechar o partido e, cando o partido xa chegaba ao seu fin, no tempo de desconto, o recentemente entrado Leo Suárez marcou o seu primeiro gol en Primeira División para pór o definitivo 3-3 no electrónico.

Os celestes teñen unha oportunidade para quitarse o sabor agridoce deste empate en apenas catro días, ante a Valencia en Mestalla (mércores, 22:00, beIN Sports LaLiga).

FICHA TÉCNICA

3-RC CELTA: Sergio, Roncaglia, Costas, Araujo, Juncà (Júnior, min.59), Okay, Brais Méndez (Beltrán, min.82), Lobotka, Iago Aspas, Maxi Gómez, Boufal (Sisto, min.69).

3-REAL VALLADOLID: Masip, Olivas, Calero, Borja (Ünal, min.56), Óscar Plano, Alcaraz, Moyano (Leo Suárez, min.92), Cop, Míchel, Nacho, Gontan (Toni, min.52).

Goles: Iago Aspas (min.4, 1-0); Maxi Gómez (min.9, 2-0); Óscar Plano (min.39, 2-1); Iago Aspas (min.54, 3-1); Ünal (3-2, min.65); Leo Suárez (3-3, min.94).

Árbitro: Prieto Iglesias, do comité navarro. Amonestou a Juncà, Roncaglia (Celta); Alcaraz, Cop (Valladolid).

Campo: ABANCA Balaídos (16.552 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas