Primeiro Equipo

O Celta mereceu máis nun gran partido ante o Real Madrid

RC Celta

celta_madrid_10313.jpg

Encontro con moitas ocasións no que Aspas anotou o tanto céltico e o longueiro evitou o empate

 

O Celta non puido co Real Madrid nun partido con alternativas e moita intensidade. Os celestes dispuxeron de boas ocasións para lograr mellor resultado, pero un rexeite e un penalti fixeron inútil o tanto de Iago Aspas, que empatara ao pouco do prmer tanto visitante. O traveseiro evitou o empate celeste no último minuto. Diego López e Javi Varas, destacados.

Quince segundos: balón longo cara a Iago Aspas, falla Albiol e o remate do canteirán rebota na cara de Diego López. Así comezou o partido e Balaídos. O Celta empezou arriba, atacando, coas liñas adiantadas e unha ambicióm voraz. Augusto rematou, ao cinco mimutos ás mans de Diego López tras unha boa xogada colectiva do equipo celeste.

O meta gellago desviou cunha gran estirada un remate cruzado de Iago Aspas aos 9 minutos nunha nova chegada dun Celta que xogaba de cinema. No saque de esquina, impresionante volea afastada de Álex Lopez e non menos majestuosa intervención de Diego López, quen sacou o balón xusto no pau.

Un gran Celta no primer tramo do choque, tirando con mestría o fóra de xogo e anulando por completo aos brancos, que sufrían atrás e non eran capaces de superar a presión celeste. Aos 20 minutos, De Lucas rozou a escuadra cun lanzamento de falta na lateral do área.

Varas atallou aos 31 minutos un disparo desde a Ronaldo, o primeiro do Madrid. O porteiro celeste repeleu despois un remate de socato de Benzama cunha gran intervención. O Madrid comezaba a asomar ante un Celta que atacaba con fe.

Pasada a media hora de xogo, o choque estaba máis igualado, con ambos os equipos chegando e xerando perigo. Javi Varas sacou un man a man aos 39 minutos ante Callejón. Gran parada. E o traveseiro repeleu desués un cabezazo de Ronaldo de socato. Eran os mellores minutos do conxunto visitante, co partido roto e espazos para correr.

Tras o descanso, ritmo máis pausado e lesión de Álex López no inicio. Dominio do Madrid e chegadas desbaratadas por un decisivo Javi Varas. Ao Celta custáballe máis chegar ante un rival máis centrado e decidido. Ronaldo cazou un rexeite nun saque de esquina e anotou para os seus.

O Celta reaccionou con rabia e na seguinte chegada, dous minutos despois, Iago rematou á media, con rexeite no seu marcador, volta á rede. E puido marcar pouco despois nun balón case sobre a raia que sacou Albiol cando Bermejo preparábase para empuxala.

O Madrid dispuxo despois dun penalti, de Varas a Kaká, que Ronaldo anotou. Nova vantaxe para os brancos. O Celta puido empatar nun saque de esquina con varios rexeites e o coiro que saíu rozando o pau. No tramo final, ida e volta constante, con espazos en ambos os campos e un Celta que buscaba con ansía o gol e dispuña de ocasións paera anotar. Park cabeceou ao traveseiro no último minuto tras un gran centro de Pranjic. Non puido ser. O Celta seguirá loitando.

 

FICHA TÉCNICA

1-R.C.Celta: Javi Varas, Jonny, Demidov, Cabral, Roberto Lago, Oubiña, Álex López (Pranjic, min.55), Augusto, De Lucas (Mario Bermejo, min.60), Krohn-Dehli (Park, min.85) e Iago Aspas

 

2-R.Madrid: Diego López, Essien, Pepe, Albiol, Marcelo, Khedira (Alonso, min.46), Callejón (Kaká, min.65), Modric, Ozil, Cristiano e Benzama (Higuaín, min.65)

 

Goles: 0-1, min .61: Ronaldo; 1-1. min.63: Iago Aspas; 1-2, min.70: Ronaldo

 

Árbitro: Estrada Fernández, do comité catalán. Amonestou a De Lucas, Albiol

 

Campo: Balaídos, 25.344 espectadores

 

Foto: Diego Pérez

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas