SliderWeb.jpg
Celtismo

O celtismo elixirá o nome da nova cidade deportiva entre catro opcións

RC Celta

A nova cidade deportiva do RC Celta ultima a súa posta a punto para recibir nas próximas semanas aos xogadores do primeiro equipo e do filial. Un proxecto ilusionante e necesario para a familia celtista e que está a poucos días de recibir un nome que perdurará na historia do club.

A pasada semana finalizou a segunda fase de votación para elixir o nome definitivo e catro son as opcións entre as que se decidirá a denominación final. En total houbo máis de 5.000 votos e até a data recibíronse máis de 3.500 propostas de nome das que saíron catro candidatas finais. Todas as opcións levarán engadida a denominación ‘A Canteira’ para pór en valor una dos acenos de identidade do RC Celta.

Debido á alta participación e ao elevado número de votos recibidos, o club uniu o tres propostas máis votadas para engadir unha cuarta opción que reúne todas as denominacións nunha.

Hoxe 31 de agosto arrinca a terceira e definitiva fase para que os seguidores celestes bauticen á nova cidade deportiva do RC Celta. A votación poderase realizar AQUÍ ou a través dun formulario a disposición dos afeccionados na Sede.

As opcións que seguen en liza son:

Cidade Deportiva Afouteza

Cidade Deportiva RC Celta

Cidade Deportiva Castro Celta

Cidade Deportiva A Canteira O Castro de Afouteza

Aquel participante cuxa proposta durante a primeira fase sexa finalmente a máis votada, e por tanto poña nome á nova cidade deportiva do RC Celta, gozará dunha experiencia única nas novas instalacións e un tour guiado co capitán do primeiro equipo. No caso de que a opción elixida fose proposta por máis dun afeccionado, realizarase un sorteo para elixir o beneficiario da experiencia.

Ademais, sortearase unha camiseta oficial da tempada 2020/21 asinada polo plantel do RC Celta entre todos os usuarios que enviaron a súa proposta durante a primeira fase e outra entre aqueles que participaron na segunda.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas