iago-aspas-2023-grafismo.jpg
Primeiro Equipo

O centenario do RC Celta terá un estandarte da canteira: Iago Aspas

RC Celta

Se había unha noticia esperada, desexada… simplemente marabillosa era a continuidade, fóra de toda dúbida, do canteirán que se erixiu en referencia goleadora do fútbol español nos últimos anos. Esa noticia chegou. Iago Aspas será celeste ata o centenario do club.

O dianteiro e o RC Celta pecharon hoxe a renovación do seu contrato e Iago Aspas continuará lucindo ata 2023 o escudo que tantas veces sinalou con orgullo e paixón nos estadios de todo o país. O canteirán forma xa parte da historia do club polas súas impresionantes cifras e a oportunidade e o valor dos seus goles. Esta historia terá novos episodios, polo menos, ata o centenario. O sábado vivirase outro, de vital importancia, ante o Girona. #XuntosSomosCelta

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas