Hemeroteca club

O club estadounidense Colorado Storm aposta pola filosofía do Celta

RC Celta

coloradostorm1.jpg

 

O Real Club Celta, a súa Fundación e o club Colorado Storm, de Denver (EEUU), iniciaron conversacións para establecer unha ilusionante colaboración en materia deportiva e de formación. Os máximos dirixentes do club estadounidense, que integra a preto de 8.000 xogadores de todas as categorías, visitan estes días á entidade celeste para coñecer de primeira man o traballo que se realiza nas distintas áreas do club e na canteira céltica, referente non só xa en España senón a nivel internacional.

 

David Dir, presidente do Colorado Storm, explicou que unha das razóns de fixarse no Celta “foi a súa filosofía de traballo e de xogo. Sentimos que temos puntos en común e que podemos axudarnos mutuamente”. O mandatario americano ha viaxado a Vigo acompañado por Brian Haynes, director de canteira, e de Diego Cerro, director das categorías masculinas Sub-11 e Sub-12.

 

“O Colorado Storm é un club moi grande, cunha estrutura formada por máis de 400 adestradores, 14 equipos por cada idade e 50 campos de adestramento”, detallou Cerro, quen remarcou as palabras do seu presidente: “ás veces os grandes clubs son só nome. Aquí vimos un proxecto que nos gusta, similar ao que facemos nós e ao que cremos que podemos achegar cousas”.

 

Na foto (de esquerda a dereita): Brian Haynes, Pedro Posada, Diego Cerro, David Dir, Carlos Mouriño, Carlos Hugo García-Bayón, Germán Arteta.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas