O dianteiro Jonh Guidetti, traspasado ao Alavés tras selar a súa permanencia

Unha vez finalizada a tempada, o Alavés executa a cláusula de traspaso do dianteiro Jonh Guidetti, quen deste xeito e trala permanencia do cadro vitoriano deixa de pertencer á disciplina celeste.

O RC Celta quere expresarlle a Guidetti o seu sincero agradecemento polo esforzo, dedicación e compromiso mostrados durante a súa inesquecible etapa no club e desexarlle un gran éxito no futuro.