O espírito celtista viaxa a Roma da man da Coral Casablanca







 

A Coral Casablanca, unha das entidas máis emblemáticas da cidade e coa que o RC Celta mantén un acordo de colaboración, celebra o seu 60 aniversario con diversos actos, entre eles unha visita oficial ao papa Francisco en Roma. Os responsables da coral, orgullosos do seu sentimento celtista e sabedores da gran paixón que o pontífice sente polo fútbol, regalarán ao papa unha camiseta do RC Celta asinada por todo equipo.

Carlos Mouriño e o director da Fundación, Germán Arteta, acudiron a un ensaio da coral para entregar en persoa a elástica celeste que viaxará de Vigo a Roma nos próximos días.

 

Leave a Reply

seven + sixteen =