O filial incorpora cedido ao gardameta Dragan Rosić

O RC Celta e a UD Almería chegaron a un acordo para a cesión do porteiro serbio Dragan Rosić (Uzice, 1996) até final de tempada. Ademais, o conxunto celeste se garda unha opción de compra. O gardameta serbio destaca pola súa axilidade baixo paus e a súa solvencia no xogo aéreo. Internacional Sub-21 co seu país, Rosić reforzará a portaría do filial no que queda de campaña.