O futuro do RC Celta reloce: a cidade deportiva avanza a gran ritmo

O proxecto que situará ao RC Celta como un referente internacional e consolidará o seu obxectivo primordial, apontoar a formación dos xogadores da canteira, é xa perfectamente reconocible. As obras da cidade deportiva de Mos avanzan a gran ritmo e xa asoman os edificios que acollerán en breve ao primeiro equipo e ao filial.

As estruturas e teitos destes edificios están a completarse, así como os muros de contención do vial de acceso. Nesa construción situaranse, entre outras dependencias, os vestiarios, recepción, ximnasio, comedor, lavandaría e salas de prensa e de vídeo.

Comezaron xa tanto o soterramento de liña de media tensión que atravesa a instalación como os traballos de abastecemento e saneamento da parcela. Ademais, está xa moi avanzada a mellora das instalacións das dúas captacións de auga de Pereiras segundo o acordo asinado entre o RC Celta e ambas entidades, e xa se finalizaron o muro de urbanización perimetral e os noiros de contención.

O proxecto, obra de Irisarri e Piñera, colma as expectativas do RC Celta para desenvolver unha cidade deportiva moderna e funcional, respectuosa ao máximo co medioambiente e con sobrada capacidade para satisfacer de maneira brillante as necesidades tanto da canteira como do primeiro equipo.