O porteiro celeste Rubén Blanco, entre catro e cinco meses de baixa

O porteiro do RC Celta Rubén Blanco sufriu no partido do pasado martes ante o Atlético de Madrid o arrincamento completo do tendón directo do recto femoral dereito. Esta lesión requirirá tratamento quirúrxico, que será realizado nos próximos días polo xefe dos servizos médicos do club Juan José García Cota.

O tempo estimado de baixa será de entre catro e cinco meses. O RC Celta quere enviarlle unha mensaxe de ánimo a Rubén e desexarlle unha pronta e completa recuperación.