O RC Celta arroupa a Galicia na presentación do Campionato Español Sub-12






O RC Celta e a Real Federación Galega de Fútbol, por delegación da RFEF, organizan de maneira conxunta o Campionato de España de Seleccións Autonómicas da categoría Alevín (Sub-12) de Fútbol-8, un gran evento do fútbol basee que se celebrará entre os días 19 ao 22 de abril na Madroa e que terá entrada libre para todos os afeccionados.

O club celeste e a Federación, representados polos seus presidentes Carlos Mouriño e Rafael Louzán, presentaron o campionato este xoves no Salón Regio da Sede acompañados pola Selección de Galicia Sub-12, quen tiveron a oportunidade de coñecer a dúas dos seus ídolos celestes: Hugo Mallo e Jonny. Os canteranos acudiron ao evento na sede do club para arroupar aos pequenos na súa posta en longo ante os medios.

Durante o campionato, no que participarán as seleccións das 19 federacións territoriais, espérase a chegada de 400 persoas entre xogadores e técnicos das distintas seleccións, cifra á que hai que sumar o gran movemento de afeccionados que leva un evento destas características.

Con esta competición, o RC Celta suma un novo evento de referencia ao seu historial como organizador de torneos nacionais e internacionais. O club vigués foi anfitrión da Copa de Campións de División de Honra en 2013 e acolleu Rolda Elite do Campionato Europeo Sub-19 en 2014, mesmo ano na que a Selección Española e Alemaña, campioa da Copa Mundial de Fútbol, enfrontáronse no estadio de Balaídos.