escudo-celta-comunicado-new
Novas club

O RC Celta avanzará a súa campaña de abonados nas próximas semanas

RC Celta

O RC Celta está a traballar desde antes de que finalizase a pasada liga na campaña de abonados da tempada 20/21. O obxectivo do club é garantir que os seus socios reciban o mellor servizo posible e ofrecerlles unha solución acorde coa realidade que nos está tocando vivir estes meses como sociedade.

Actualmente existe unha total incerteza acerca da data na que os afeccionados poderán volver aos estadios. Descoñécese tanto o momento como o número de seareiros que accederán aos recintos en LaLiga.

Con toda a información que ten na súa man, o RC Celta traballa sobre todos os escenarios que poidan exporse e confía en presentar novidades sobre a súa nova campaña de abonados nas próximas semanas. O club si garante que mentres tanto mantén a butaca e antigüidade de todos os seus abonados.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas