O RC Celta B cae ante Las Rozas en Barreiro (2-4)

O RC Celta B perdeu este sábado ante Las Rozas en Barreiro (2-4) nun partido ante un rival directo pola permanencia. Os celestes adiantáronse no marcador nada máis comezar o encontro pero viron como o equipo visitante empataba antes do descanso cun discutido penalti. Un gol mal anulado aos de Jacobo Montes e a puntaría do conxunto madrileño sentenciaron o choque na segunda metade. Solis e Apeh foron o goleadores do filial.