celta-b-celebracion-1920.jpg
A Canteira

O RC Celta B certifica a súa permanencia en Segunda División B

RC Celta

A Comisión de Presidentes Territoriais do fútbol español anunciou este mércores a proposta para a resolución das competicións non profesionais atendendo ao comunicado na materia tanto polo Ministerio de Sanidade e o Consello Superior de Deportes. Ademais, acordou propor aos órganos competentes da RFEF a finalización das ligas regulares das distintas competicións federativas sen descensos.

Desta maneira, o RC Celta B, que se atopaba fóra dos postos de descenso a Terceira División tras un espectacular refacho de resultados, permanecerá unha tempada máis, se a RFEF aproba a petición das federacións territoriais, na categoría de bronce do fútbol español. A próxima será a oitava tempada consecutiva do filial en Segunda División B.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Celta b Celta b Celta b Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira

Noticias recomendadas